O día que chegamos a Jaca imos busca- lo material ó almacén. Alí probamos con calma as botas, que realmente é o máis importante. Do resto xa se encargan os especialistas do almacén, que son moi bos. O material (esquís e bastóns) queda no bus o primeriro día, ainda que as botas e o casco debémolos subir á habitación para que non estén conxelados ó día seguinte.
O primeiro día de curso, almorzamos no hotel xa vestidos (sen chaqueta, evidentemente, pero cos pantalóns e a camiseta) Despóis do almorzo subimos ás habitacións a buscar o resto de equipamento (botas, casco, crema solar, luvas, gafas, etc.) e imos cara o bus. O calzado que levan son zapatillas "tenis" ou calzado similar, porque as botas as poñen ó chegar ás estación. Deixan as súas zapatillas no maletero do bus.
Ó chegar á estación lles imos explicar ós alumnos e alumnas ónde está o restaurante do xantar e ónde está a xaula da que dispoñemos para gardar esquís e bastóns. Imos todos xuntos ó "punto de encuentro" onde nos están a agardar os monitores. Normalmente os turnos de clase son de 10 a 12 ou de 12 a 14. O mellor é o primeiro turno, pero non o temos garantido.
Durante dúas horas teñen curso, distribuidos por niveles. Ó rematar a clase os nenos e as nenas seguen esquiando mais nunca solos. Non existe maior perigo, pero é necesario esquiar polo menos cun compañeiro porque sempre ven ben. Os monitores xa lles deixan "deberes" para facer durante o resto da xornada.
Entre as 13:30 e as 14:30 imos xantar, dependendo da hora que nos asignen. Quedamos sempre 15 minutos antes na xaula para garda- los esquís. Os que van esquiar despóis do xantar gardan os esquís de últimos. Normalmente marchamos da estación sobre as 16:30 - 16:45. A esas horas quedamos nas xaulas cos que foron esquiar para gardar todos xuntos o material, e marchamos cara o hotel.
No hotel nos duchamos e descansamos. Despóis de descansar podemos saír a dar unha volta pola tranquila e acolledora Jaca. Xa de regreso no hotel temos unha hora para a cea. E despóis da cea, a durmir para repetir o día seguinte.
MATERIAL DE ESQUÍ
Xa vos dixen que para andar por Jaca poden vestir como en Mondoñedo, con luvas, gorro e bufanda se se quere (luvas e gorro recomendables)
Para esquiar, a miña recomendación persoal é a seguinte:
- Calcetíns longos de lá ou calcetíns específicos de esquí.
- Roupa interior cómoda.
- Camiseta térmica, e polar fino por arriba os que pasen máis frío.
- Braga polar.
- Gafas de sol que non sexan de vidro.
- Pantalón e chaqueta de neve (impermeable e que abrigue)
- Crema protectora para cara el beizos.
- Luvas de neve, que son impermeables. NON DE LÁ!!!
- Se queren poden levar unha moi pequena mochiliña (moi moi pequena) para levar un botellín de auga ou un pouco de chocolate, pero se a chaqueta ten petos amplios, que é o normal, non é necesaria esta mochiliña.
- Non é imprescindible gorro, porque levan casco, ainda que se o levan nun peto non pasa nada.