8 nov 2010

Dinámica da viaxe e material de esquí

     Explícovos brevemente cómo transcurren os días durante o curso de esquí, para que vos fagades unha idea da dinámica da viaxe.
     O día que chegamos a Jaca imos busca- lo material ó almacén. Alí probamos con calma as botas, que realmente é o máis importante. Do resto xa se encargan os especialistas do almacén, que son moi bos. O material (esquís e bastóns) queda no bus o primeriro día, ainda que as botas e o casco debémolos subir á habitación para que non estén conxelados ó día seguinte.
     O primeiro día de curso, almorzamos no hotel xa vestidos (sen chaqueta, evidentemente, pero cos pantalóns e a camiseta) Despóis do almorzo subimos ás habitacións a buscar o resto de equipamento (botas, casco, crema solar, luvas, gafas, etc.) e imos cara o bus. O calzado que levan son zapatillas "tenis" ou calzado similar, porque as botas as poñen ó chegar ás estación. Deixan as súas zapatillas no maletero do bus.
     Ó chegar á estación lles imos explicar ós alumnos e alumnas ónde está o restaurante do xantar e ónde está a xaula da que dispoñemos para gardar esquís e bastóns. Imos todos xuntos ó "punto de encuentro" onde nos están a agardar os monitores. Normalmente os turnos de clase son de 10 a 12 ou de 12 a 14. O mellor é o primeiro turno, pero non o temos garantido.
     Durante dúas horas teñen curso, distribuidos por niveles. Ó rematar a clase os nenos e as nenas seguen esquiando mais nunca solos. Non existe maior perigo, pero é necesario esquiar polo menos cun compañeiro porque sempre ven ben. Os monitores xa lles deixan "deberes" para facer durante o resto da xornada.
     Entre as 13:30 e as 14:30 imos xantar, dependendo da hora que nos asignen. Quedamos sempre 15 minutos antes na xaula para garda- los esquís. Os que van esquiar despóis do xantar gardan os esquís de últimos. Normalmente marchamos da estación sobre as 16:30 - 16:45. A esas horas quedamos nas xaulas cos que foron esquiar para gardar todos xuntos o material, e marchamos cara o hotel.
     No hotel nos duchamos e descansamos. Despóis de descansar podemos saír a dar unha volta pola tranquila e acolledora Jaca. Xa de regreso no hotel temos unha hora para a cea. E despóis da cea, a durmir para repetir o día seguinte.

     MATERIAL DE ESQUÍ

     Xa vos dixen que para andar por Jaca poden vestir como en Mondoñedo, con luvas, gorro e bufanda se se quere (luvas e gorro recomendables)
     Para esquiar, a miña recomendación persoal é a seguinte:
  1. Calcetíns longos de lá ou calcetíns específicos de esquí.
  2. Roupa interior cómoda.
  3. Camiseta térmica, e polar fino por arriba os que pasen máis frío.
  4. Braga polar.
  5. Gafas de sol que non sexan de vidro.
  6. Pantalón e chaqueta de neve (impermeable e que abrigue)
  7. Crema protectora para cara el beizos.
  8. Luvas de neve, que son impermeables. NON DE LÁ!!!
  9. Se queren poden levar unha moi pequena mochiliña (moi moi pequena) para levar un botellín de auga ou un pouco de chocolate, pero se a chaqueta ten petos amplios, que é o normal, non é necesaria esta mochiliña.
  10. Non é imprescindible gorro, porque levan casco, ainda que se o levan nun peto non pasa nada.
     Xa sabedes, calquera dúbida escribídeme ó correo nkosl@hotmail.com ou chamade ó instituto...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.